Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Edición
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 Saber aplicar os coñecementos adquiridos no ámbito da edición nos seus aspectos históricos, técnicos e financeiros.
  A2 Reflexionar sobre os aspectos complexos que rodean o mundo da edición (económicos, sociais, ideolóxicos e técnicos).
  A3 Capacidade para crear ou reconverter unha empresa editorial ou calquera empresa auxiliar do mundo da edición.
  A4 Capacidade para deseñar e desenvolver coleccións.
  A5 Capacidade para deseñar formatos, tipografías, tipos de cubertas, etc.
  A6 Capacidade para optar, segundo sexa o produto, por unha saída en formato impreso ou dixitalizado.
  A7 Capacidade para realizar estudos de mercado relacionados coa edición.
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
  B2 Ser capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
  B3 Aprender a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
  B4 Aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en contornas novas ou non familiares en contextos interdisciplinares.
  B5 Ter capacidade de concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
  B6 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).
  B7 Ter capacidade para organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo, así como para resolver problemas de forma efectiva.
  B8 Comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000