Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Estudos lusófonos IV
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Modalidade presencial: actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Modalidade semipresencial: actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia a través da plataforma Faitic. O alumnado semipresencial pode asistir, presencialmente, a esta actividade.
Lección maxistral Modalidade presencial: Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Modalidade semipresencial: Trasmisión por parte da profesora a través da plataforma Faitic dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Debate Modalidade presencial: Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pódese centrar nun tema dos contidos da materia, a análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente na sesión maxistral.
Modalidade semipresencial: Discusión por medio de titorías virtuais entre un grupo de estudantes coa profesora. Pódese centrar nun tema dos contidos da materia, a análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente na sesión maxistral.
Traballos de aula Modalidade presencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixa as directrices e supervisión da profesora. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Modalidade semipresencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos a través da plataforma Faitic baixo as directrices e supervisión da profesora. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Traballo tutelado Modalidade presencial: traballos tutelados individuais. Inclúen a lectura e a investigación bibliográfica ou doutras fontes en relación cun ou máis temas. Finaliza coa redacción escrita e exposición oral do traballo.
Modalidade semipresencial: traballos tutelados individuais. Inclúen a lectura e a investigación bibliográfica ou doutras fontes en relación cun ou máis temas. Finaliza coa redacción escrita e entrega do traballo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000