Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Estudos lusófonos II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Modalidade presencial: Probas para avaliar as competecencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Modalidade semipresencial: Probas para avaliar as competecencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. O alumnado prepara este tipo de proba a través da plataforma FAITIC ou pode asistir, presencialmente, á realización da proba.
10 A2
B6
C16
D8
D9
D10
D11
D12
Debates Modalidade presencial: Proba na que o alumno debe demostrar o grao de adquisición de competencias prevista na materia, a través da súa participación na discusión na clase, sobre un tema concreto e dar resposta ás preguntas formuladas polo profesorado.
Modalidade semipresencial: Proba na que o alumno debe demostrar o grao de adquisición de competencias prevista na materia, coa súa participación a través da plataforma FAITIC, sobre un tema concreto e dar resposta ás preguntas formuladas polo profesorado.
40 A5
B1
B4
C3
C16
D2
D5
D7
D8
D9
D12
Resolución de problemas e/ou exercicios Modalidade presencial: Proba única na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios expostos polo profesor. Desta maneira, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Modalidade semipresencial: Proba única na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios expostos polo profesor. Desta maneira, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu. O alumnado desta modalidade debe asistir, presencialmente, a esta proba.
50 A1
A2
A5
B1
B4
B6
B9
B10
C3
C16
D2
D3
D5
D6
D10
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade presencial:

Para poder optar ao sistema de avaliación continua
o alumnado deberá asistir, cando menos, a 9 das 13 sesións
teóricas previstas na programación. Ao final do cuadrimestre, na
data establecida no calendario oficial de exames, o alumno de avaliación
continua debe facer un exercicio escrito no que debe
solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun
tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Esta proba
representará o 50% da cualificación final.

Nas clases prácticas o alumnado de avaliación continua deberá
facer dous cuestionarios, un á metade do cuadrimestre e outro na
última sesión,  cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a
cualificación final.

Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumnado que non seguiu a avaliación continua
ou perdeu o dereito á mesma, poderá realizar un exercicio escrito que
constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que
representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do
programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da
cualificación, versará sobre aspectos do programa que fosen
traballados durante o cúrso. Para poder superar o exercicio será
necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na
práctica.

Na segunda edición (xullo) e en cursos
posteriores, o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que
constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica, que
representará o 60% da cualificación, versará sobre contidos do
programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da
cualificación, versará sobre aspectos do programa que fosen
traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será
necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na
práctica.

Modalidade semipresencial:

Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumno de avaliación continua debe
facer un exercicio escrito no que debe solucionar unha serie de problemas
e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo
profesor. Esta proba representará o 50% da cualificación final.

O
alumnado de avaliación continua deberá facer dous
cuestionarios, un á metade do cuadrimestre e outro na última
sesión, 
cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación final. O alumnado desta
modalidade
pode asistir presencialmente á realización destas probas.

Ao final do cuadrimestre, na data establecida no calendario oficial de exames, o alumnado que non seguiu a avaliación continua
poderá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e
doutra práctica. A parte teórica, que representará o 60% da
cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A
parte práctica, que representará o 40% da cualificación, versará
sobre aspectos do programa que fosen traballados durante cúrsoo.
Para poder superar o exercicio será necesario obter, como mínimo, un
3 na parte teórica e un 2 na práctica. O alumnado desta modalidade debe asistir presencialmente a esta proba. 

Na segunda edición (xullo)
e en cursos posteriores, o alumnado deberá realizar un exercicio
escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte
teórica, que representará o 60% da cualificación, versará sobre
contidos do programa da materia. A parte práctica, que
representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos do
programa que fosen traballados durante o curso. Para poder superar
o exercicio será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte
teórica e un 2 na práctica. O alumnado desta modalidade debe asistir presencialmente a esta
proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000