Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Estudos lusófonos II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Modalidade presencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Modalidade semipresencial: O estudante desenvolve exercicios ou proxectos a través da plataforma FAITIC, baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante
Actividades introdutorias Modalidade presencial: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Modalidade semipresencial: Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. O alumnado semipresencial pode asistir, presencialmente, a estas actividades.
Debates Modalidade presencial: Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
Modalidade semipresencial: Discusión por medio de titorías virtuais entre un grupo de estudantes co profesorado. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Modalidade semipresencial: Transmisión por parte do profesorado a través da plataforma FAITIC, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000