Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Ensaio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Entre as prácticas de redacción elaboradas ao longo do cuadrimestre, a/o alumna/o escollerá unha para que sexa avaliada. A extensión mínima será de 500 palabras. O documento será subido a Moovi no apartado correspondente e no prazo indicado ao longo do curso. 30 A1
B4
D2
D6
D8
Traballo tutelado Actividades prácticas de lectura e comentario crítico de textos ensaísticos. No caso do alumnado presencial, deberase expoñer oralmente unha reflexión crítica sobre o tema que aborden os textos lidos. No caso do alumnado semipresencial, a reflexión crítica sobre as lecturas deberá entregarse por escrito a través de Moovi antes da data límite establecida ao inicio do curso. 30 A1
A2
B4
B6
B8
C3
C7
C17
C19
D2
D3
D9
D10
Traballo Trátase da realización dun traballo escrito no que se desenvolva un tema coas características do estilo ensaístico. O traballo deberá subirse a Moovi en formato PDF ou en formato impreso aos docentes antes do 2 de maio de 2024. 40 A5
C17
C19
D2
D6
D8
D9
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (Maio-xuño 2024)

Avaliación continua

É obrigatorio realizar e entregar no
prazo establecido das probas marcadas na avaliación. Os traballos
non entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán. A data
límite de entrega do traballo e da actividade do obradoiro será o 2 de maio de 2024, a través de Moovi ou en formato impreso (nas sesións presenciais e antes do 2 de maio de 2024).

A cualificación na primeira edición de actas
dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua
corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante curso. Para superar a materia será necesario
obter como mínimo un 4,75 en total.

Avaliación única

Neste
caso, a avaliación poderá realizarse mediante un exame único,
baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o
100% da cualificación final.

Este exame terá lugar ao final
do cuadrimestre e estará fixada no Calendario de exames
establecido e publicado pola FFT.

A elección desta opción en ningún
caso supón a perda do dereito á asistencia. Ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación recoméndaselle que consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024)

Na
segunda edición de actas a avaliación levará a cabo
exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da
materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada
pola Xunta de Facultade e que figura tamén no Calendario de exames.

Os alumnos e alumnas que non alcanzasen o aprobado na
modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta
oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún
caso as notas dos traballos de aula e do traballo escrito.

3. ALUMNADO SEMIPRESENCIAL

O
alumnado semipresencial seguirá a materia a través dos materiais que se
irán subindo a Moovi xunto coas titorías presenciais que se fixarán ao
comezo do curso. A avaliación do alumnado semipresencial coincidirá coa
do alumnado presencial en canto ao traballo tuteado e á práctica do obradoiro (entregados a
través de Moovi antes do 2 de maio de 2024), pero en lugar dos
traballos de aula terán que entregar un ensaio (1000 palabras) cunha reflexión crítica sobre as lecturas indicadas ao longo do curso a través de Moovi. Este ensaio
terá un valor do 30% sobre a nota final, e os traballos (traballo e obradoiro) terán un
valor do 70% da cualificación final.

4. OUTRAS OBSERVACIÓNS

Nos
alumnos e alumnas de avaliación continua, no caso de que tras a
avaliación conxunta sexan necesarios ata 0,25 puntos para superar a
materia, terase en conta a asistencia e participación regular e
activa na clase.

O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto
no exame como no traballo escrito e no resto dos exercicios
propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas etc.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000