Educational guide 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Ensaio
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade de Vigo establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS, ATENCIÓN E AVALIACIÓN
As alternativas metodolóxicas en caso de docencia mixta e/ou non presencial serán síncronas (aulas xemelgas e despacho persoal do Campus Remoto) e asíncronas (Faitic). No apartado de atención personalizada e avaliación xa se especifica a adaptación metodolóxica que se levará a cabo en caso de ser precisa.

O acceso ao Despacho persoal de Susana Rodríguez Barcia (Sala 2186) no Campus remoto faise a través da ligazón e clave seguintes:

https://campusremotouvigo.gal/public/836489612
Contrasinal: q9bUtq7M

En resumo: Como plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono, o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial (coas especificacións recollidas), adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.

Nesta materia, independentemente da modalidade de ensino, as actividades entréganse a través de Faitic. No caso dos traballos de aula, de non poder desenvolverse de xeito presencial empregarase a aula xemelga no Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000