Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Novos formatos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo estudantado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías. En caso de necesidade impartiranse en modalidade síncrona na aula virtual e utilizaranse as ferramentas de teledocencia Campus Remoto e faitic. No referente ao traballo tutelado realizarase a través da modalidade asíncrona, baixo as directrices e supervisión do profesorado. Para a realización destas actividades o estudantado deberá ler as lecturas e demais materiais proporcionados na plataforma Faitic.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado tutorías)
A atención personalizada realizarase no despacho virtual do profesorado, en horario de tutorías oficiais, baixo a modalidade de concertación previa e a través do correo electrónico.

* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir.
Ningunha.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe.
As novas lecturas estarán dispoñibles para o estudantado na plataforma Faitic.

* Outras modificacións
Ningunha.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Primeira edición das actas (xaneiro-maio)

O estudantado que siga o sistema de avaliación continua terá que entregar os exercicios e probas a través da plataforma faitic na data sinalada de entrega. De non facelo terá que acollerse á avaliación única.
O estudiantado que non siga o sistema de avaliación continua terá avaliación única mediante un exame obrigatorio na data oficial establecida no calendario de exames da FFT. Esta proba, que se realizará en modalidade síncrona, consiste na realización a través de FAITIC dun exame no que o estudantado deberá contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. A parte teórica, que representará o 40% da nota, versará sobre contidos relacionados co temario. A parte práctica, que representará o 60% da nota, incluirá aspectos do programa traballados nas clases prácticas. Para poder superar o exercicio na avaliación única será necesario obter, como mínimo, un 2 na parte teórica e un 3 na práctica. O exame será subido a FAITIC o día e hora sinalados pola Facultade, realizado a man e asinado para ser subido á plataforma en formato pdf ou jpg ao final da hora sinalada pola Facultade para a realización da proba. Durante o tempo de realización do exame o profesorado estará dispoñible en FAITIC a través do chat para responder as dúbidas que poidan xurdir.

-Na segunda edición de actas (xuño/xullo).

Na segunda edición o estudantado deberá realizar un exame obrigatorio na data oficial establecida no calendario de exames da FFT. Esta proba, que se realizará en modalidade síncrona, consiste na realización a través de FAITIC dun exame no que o estudantado deberá contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. A parte teórica, que representará o 40% da nota, versará sobre contidos relacionados co temario. A parte práctica, que representará o 60% da nota, incluirá aspectos do programa traballados nas clases prácticas. Para poder superar o exercicio na avaliación única será necesario obter, como mínimo, un 2 na parte teórica e un 3 na práctica. O exame será subido a FAITIC o día e hora sinalados pola Facultade, realizado a man e asinado para ser subido á plataforma en formato pdf *ou jpg ao final da hora sinalada pola Facultade para a realización da proba. Durante o tempo de realización do exame o profesorado estará dispoñible en Faitic a través do chat para responder as dúbidas que poidan xurdir.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000