| Código |
Descrición |
| A1 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
| A2 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
| A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
| B4 |
Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas. |
| B6 |
Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |
| B8 |
Capacidade para participar en debates e actividades de grupo e organizalos, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico. |
| C3 |
Coñecemento da literatura galega, española e portuguesa. |
| C6 |
Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria. |
| C9 |
Coñecemento de retórica e estilística. |
| C10 |
Coñecemento dos conceptos e métodos da literatura comparada. |
| C17 |
Capacidade para elaborar textos orais e escritos de diferente tipo. |
| D2 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna. |
| D3 |
Coñecementos xerais sobre a área de estudo (lingüística, linguas galega, española, portuguesa, latina, literaturas, tecnoloxías, estudios culturais) |
| D6 |
Capacidade de xestionar a información. |
| D8 |
Habilidade para traballar de forma autónoma. |
| D9 |
Capacidade crítica e de autocrítica. |
| D10 |
Capacidade de análise e síntese. |
| D11 |
Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente. |
| D12 |
Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual. |