Dado o carácter práctico desta signatura, a asistencia (80%) é requisito para a avaliación continua. Serán valoradas, coas porcentaxes sinaladas, as diferentes probas indicadas arriba. A presentación e comentario das pezas dramáticas realizadas terá lugar cara ao final do cuadrimestre, nas últimas sesións da materia.
Aquelas persoas que, pola circunstancia que sexa, non poidan asistir ás clases terán que poñerse en contacto coas profesoras o máis preto do comezo do cuadrimestre, co obxecto de definir o modo de seguimento do seu traballo así como os prazos de entrega dos exercicios correspondentes. Neste caso, ademais destes exercicios que terán que desenvolver ao largo do cuadrimestre, defenderán as pezas dramáticas que produzan no día e hora que a Facultade fixe para a avaliación única.
O alumnado que non supere a convocatoria de xuño realizará un exame sobre os contidos da materia na convocatoria de xullo na data fixada pola Facultade. O alumnado semipresencial recibirá todas as indicacións que proceden sobre o modo no que desenvolverá o seu traballo a través da plataforma Moovi. Forma e prazo dos exercicios sobre os contidos da asignatura serán facilitados tamén por este medio. Tocante á presentación das pezas que produzan, faranno na data que a facultade fixe para a avaliación única (agás que, se puidesen, decidan facelo nas últimas sesións de clase ao mesmo tempo que o alumnado de avaliación continua). Como nos outros casos, de non superar a materia na convocatoria de xuño, realizarán un exame sobre os seus contidos na convocatoria de xullo na data fixada pola facultade a eses efectos. Para o alumnado Erasmus, de habelo, as condicións e requisitos de seguimento da materia serán os mesmos que os indicados para o alumnado propio da Universidade de Vigo. NOTA: Nas probas escritas será imprescindible a corrección ortográfica, o uso pertinente dos signos de puntuación, a orde e claridade na exposición e a limpeza dos exercicios. Por outro lado, naquel tipo de probas no que se faga uso de fontes bibliográficas secundarias, estas terán que aparecer adecuadamente referenciadas; plaxiar unha fonte, é dicir, transcribila literalmente facéndoa pasar por discurso propio, invalidará inmediatamente o traballo. |