Educational guide 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Escritura dramática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Explicación razoada dos conceptos fundamentais de dramaturxia. 10 CB4
CE6
CE7
CE9
Traballo tutelado Realización de pezas dramáticas curtas que serán lidas e comentadas en clase. A través delas o alumnado terá que dar conta do coñecemento da singularidade e características máis significativas do texto dramático, así como da súa capacidade para aplicalas. 45 CE6
CE7
CE9
CT8
Resolución de problemas Probas individuais realizadas en clase. Consistirán en preguntas sobre os conceptos explicados e sobre as lecturas realizadas, ademais dalgunha proba creativa que atenda a premisas propostas. 45 CB4
CG8
CE6
CE7
CE9
CT8
CT9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Alumnado presencial.  Dado o carácter práctico desta signatura, a asistencia (80%) é requisito ESENCIAL para a avaliación continua. Serán valoradas, coas porcentaxes sinaladas, as diferentes probas indicadas arriba. A presentación e comentario das pezas dramáticas realizadas terá lugar na segunda parte do cuadrimestre.

Aquelas persoas que, pola circunstancia que sexa, non poidan asistir ás clases deberán comunicarllo á profesora e terán que optar pola avaliación única. 

O alumnado que non supere a avaliación continuada ou quen opte pola avaliación única realizará en maio e xuño un exame sobre os contidos a materia nas datas fixada pola Facultade.

O alumnado semipresencial que opte pola avaliación continuada debe asistir á primeira sesión e a outras dúas para levar a cabo as tarefas de avaliación. O alumnado semipresencial que opte pola avaliación única deberá asistir igualmente á primeira sesión e ás probas de avaliación nas datas que estableza a Facultade. 

O alumnado que non supere a avaliación continuada ou quen opte pola avaliación única realizará en maio e xuño un exame sobre os contidos a materia nas datas fixada pola Facultade.

Para o alumnado Erasmus, de habelo, as condicións e requisitos de seguimento da materia serán os mesmos que os indicados para o alumnado propio da Universidade de Vigo.

NOTA: Nas probas escritas será imprescindible a corrección ortográfica, o uso pertinente dos signos de puntuación, a orde e claridade na exposición e a limpeza dos exercicios. Por outro lado, naquel tipo de probas no que se faga uso de fontes bibliográficas secundarias, estas terán que aparecer adecuadamente referenciadas; plaxiar unha fonte, é dicir, transcribila literalmente facéndoa pasar por discurso propio, invalidará inmediatamente o traballo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000