Guia docente 2016_17
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Escritura dramática
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Presentaranse en clase os conceptos e mecanismos fundamentais do modelo aristotélico na escritura dramática e as distintas obras craves do teatro universal para analizar, posteriormente, en clase, as súas estruturas e o uso dos elementos dramatúrgicos.
Traballos tutelados Aplicaranse os coñecementos explicados e discutidos en clase para construír breves historias con estruturas sólidas, personaxes complexos e diálogos solventes. Os traballos serán lidos e discutidos en clase.
Debates Realizaranse debates sobre os conceptos explicados en clase e os traballos dramáticos realizados polo alumnado.
Obradoiros Exercicios en clase sobre o uso de recursos dramatúrgicos en paradigmáticas obras do teatro.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000