Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Narración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos, etc. 7 A1
A2
A5
B4
B6
B8
C3
C6
C9
D2
D8
D10
D11
D12
Lección maxistral A docencia centrarase na análise detallada e exhaustiva de trece núcleos conceptuais, dos que se irán derivando calas noutros asuntos adxacentes. En cada unha destas sesións ofrecerase un conxunto de exercicios a realizar polo alumnado, tan presencial como semi-presencial. Estes exercicios que serán comentados polo docente na segunda sesión semanal da materia serán un dos elementos centrais da avaliación. O alumnado semi-presencial deberá realizar igulamente estes exercicios que lle serán subministrados e comentados e corrixidos polo docente por calquera vía de comunicación telemática, nomeadamente o correo electrónico. 33 A1
A2
A5
B4
B6
B8
C3
C6
C9
D2
D8
D10
D11
D12
Traballo tutelado Realizaranse comentarios de texto de numerosos fragmentos textuais ou culturais vinculados co programa. Cada estudante realizará eventualmente unha ou varias exposicións na aula sobre temas acordados co profesor. O alumnado semi-presencial deberá realizar igulamente estes exercicios que lle serán subministrados e comentados e corrixidos polo docente por calquera vía de comunicación telemática, nomeadamente o correo electrónico. 20 A1
A2
A5
B4
B6
B8
C3
C6
C9
D2
D8
D10
D11
D12
Traballos e proxectos Como colofón das actividades da materia o alumnado, tanto presencial como semipresencial, deberá presentar un texto escrito de autoría individual e comentado, segundo o método que será acordado ao longo do curso.
Unha avaliación positiva neste apartado será conditio sine qua non para aprobar a materia.
40 A1
A2
A5
B4
B6
B8
C3
C6
C9
D2
D8
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>Na avaliación de xullo, o alumnado,&nbsp;tanto presencial como semipresencial,&nbsp;deberá comparecer con todos os exercicios do curso realizados así como co o traballo final. Non haberá unha proba escrita da materia e poderá empregar a data oficial do exame, que aparecerá nos anuncios oficiais da Facultade, como hora e lugar para a entrega definitiva dos exercicios e traballo mencionados.&nbsp;</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000