Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Narración
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con
delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos, etc.
Sesión maxistral A docencia centrarase na exposición e análise exhaustiva arredor de trece núcleos conceptuais, dos que se irán derivando exercicios e engádegas de interese docente.
Cada un destes núcleos conceptuais xerará unha serie de exercicios escritos que o alumnado deberá realizar pola súa conta, fóra e dentro de clase.
Traballos tutelados Tratándose dunha materia que usa a escrita como método para a reflexión sobre a linguaxe e a ficción literaria, os traballos diarios e a súa exposición en clase serán un dos principais adobíos da materia. Ademais, o alumnado deberá presentar, como requisito sine qua non para ser avaliado, un texto excrito e comentado de colleita propia, seguindo as indicacións que se darán en clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000