Estudo de casos |
A medida que avance a explicación do programa os alumnos/as deberán resolver casos prácticos referidos á identificación dos trazos, formais e de contido, característicos da estética de cada movemento cinematográfico, xustificalos con argumentos coherentes e comparalos cos que definen a outros movementos xa estudados.
Requírese participación activa. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Ao finalizar o curso, cada alumno/a presentará oralmente un traballo sobre algún dos movementos cinematográficos estudados en clase. O traballo deberá estar aplicado a un ou varios filmes.
Unha vez exposto, será entregado ao profesor/a que valorará a calidade e corrección na expresión escrita.
O alumno/a contará coa axuda do profesor/a para a elaboración deste traballo, nas horas de titoría. |