Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Procesos migratorios e ensinanza de linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Ao longo do curso haberá tres traballos de aula: o primeiro deberá entregarse de forma escrita e consistirá nun texto argumentativo de 600 palabras sobre algún dos aspectos teóricos da materia (o texto será redactado na aula); o segundo consistirá na posta en práctica das ferramentas para a investigación lingüística en canto á búsqueda de fontes secundarias (será preciso o uso de equipo informático que traerá o alumno/a ou será proporcionado polos docentes); e o terceiro traballo consistirá nunha exposición oral sobre algún dos puntos do temario que non fora desenvolvido nas sesións maxistrais. Cada traballo ten un valor máximo dun punto. 30 A1
B2
B4
B6
B8
C5
C14
D1
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
Traballo tutelado Este traballo tutelado terá como obxecto o deseño dunha entrevista semidirixida que será realizada a unha persoa inmigrante que estea a aprender galego ou español durante o ano 2017. O deseño da entrevista, a entrevista transcrita e unha análise posterior dos resultados conformarán o traballo que o alumno ou a alumna deberán entregar para a súa avaliación posterior. Esta proba terá un valor do 70% da cualificación final na modalidade de avaliación continua.
O prazo máximo de entrega deste traballo será o 11 de decembro de 2017.
70 A2
A5
B6
B9
C5
C14
C15
D1
D2
D6
D8
D9
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (Xaneiro 2018)

Avaliación continua

É obrigatorio realizar e entregar no
prazo establecido as probas marcadas na avaliación. Os traballos
non entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán. A data
límite de entrega do traballo será o 11 de decembro de 2017, a través de Faitic
(apartado de exercicios). Os traballos de aula serán realizados durante as sesións presenciais.

A cualificación na primeira edición de actas
dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua
corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante cúrsoo. Para superar a materia será necesario
obter como mínimo un 4,75 en total.

Avaliación única

Neste
caso, a avaliación poderá realizarse mediante un exame único,
baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o
100% da cualificación final.

Este exame terá lugar ao final
do cuadrimestre e estará fixada no Calendario de exames
establecido e publicado pola FFT.

A elección desta opción en ningún
caso supón a perda do dereito á asistencia. Recoméndase
ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que consulte
regularmente os documentos que se irán colgando en Faitic.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2018)

Na
segunda edición de actas a avaliación levará a cabo
exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da
materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada
pola Xunta de Facultade e que figura tamén no Calendario de exames..

Os alumnos e alumnas que non alcanzasen o aprobado na
modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta
oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún
caso as notas dos traballos de aula e do traballo escrito.

3. ALUMNADO SEMIPRESENCIAL

O alumnado semipresencial seguirá a materia a través dos materiais que se irán subindo a Faitic xunto coas titorías presenciais que se fixarán ao comezo do curso. A avaliación do alumnado semipresencial coincidirá coa do alumnado presencial en canto ao traballo tutelado (entregado a través de Faitic antes do 11 de decembro de 2017), pero en lugar dos traballos de aula terán que entregar un ensaio (3000 palabras) sobre algún dos conceptos da materia que se abordan no bloque 2. Este ensaio terá un valor do 30% sobre a nota final, e o traballo tutelado terá un valor do 70% da cualificación final.

4. OUTRAS OBSERVACIÓNS

Nos
alumnos e alumnas de avaliación continua, no caso de que tras a
avaliación conxunta sexan necesarios ata 0,25 puntos para superar a
materia, terase en conta a asistencia e participación regular e
activa na clase.

O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto
no exame como no traballo escrito e no resto dos exercicios
propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000