Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Procesos migratorios e ensinanza de linguas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e fontes de información. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos ilustrativos que aseguren a óptima comprensión por parte dos discentes. Seguirase a orde de contidos recollidos nos bloques temáticos expostos nesta guía.
Traballos de aula Actividades prácticas orientadas na aula polos docentes. Nestes traballos realizados durante tres sesións presenciais proporanse actividades para desenvolver en grupo que serán expostas e/ou entregadas aos docentes para a súa avaliación. Cada traballo realizado terá un valor dun 10% da nota final para o alumnado que se acolla á avaliación continua. A puntuación máxima que é posible obter coa realización dos tres traballos é de 3 puntos sobre 10.
Debate Actividade práctica. Pola propia natureza da materia, ao longo das sesións presenciais abriranse temas polémicos onde o alumnado deberá participar ofrecendo a súa perspectiva das problemáticas presentadas como obxecto de debate.
Traballo tutelado Actividade práctica. Este traballo tutelado terá como obxecto o deseño dunha entrevista semidirixida que será realizada a unha persoa inmigrante que estea a aprender galego ou español durante o ano 2017. O deseño da entrevista, a entrevista transcrita e unha análise posterior dos resultados conformarán o traballo que o alumno ou a alumna deberán entregar para a súa avaliación posterior. Esta proba terá un valor do 70% da cualificación final na modalidade de avaliación continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000