No contexto globalizado e multicultural español e, en concreto, galego, esta materia aborda a problemática dos procesos migratorios contemporáneos dende unha perspectiva sociolingüística. O principal resultado de aprendizaxe para o alumnado que curse esta materia será principalmente ter a capacidade para detectar e avaliar as problemáticas que derivan do traballo no ensino de linguas española e galega en entornos educativos con forte compoñente migratorio.