Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Variación lingüística e ensinanza de linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Prácticas de aula e elaboración de breves traballos escritos 10 A1
A2
A5
B2
B3
B6
C8
C14
C15
D2
D8
D10
D12
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito 40 A2
B2
B5
C8
C13
C14
C15
D2
D10
D11
D12
Cartafol/dossier • Participación en debates e Resolución de problemas e/ou exercicios: 5%
• Entrega de exercicios prácticos breves e participación nos debates ao longo do cuadrimestre. 5%
• Presentación oral dun traballo individual cuxo tema se acordará previamente coa docente. 15%
• Traballo tutelado: presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 15%
• Portafolio final 10%
a) biografía académica,
b) selección de tres probas de entre os debates, exercicios e resolucion de problemas
c) autoevaluación da aprendizaxe
50 A1
A2
A5
B2
B3
B5
B6
C8
C13
C14
C15
D1
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 As/os estudantes deberán escoller,
de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación
única. Recoméndase optar polo primeiro.

A copia ou o plaxio nas probas das
avaliacións continua ou única será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas, nas dúas edicións das actas.

 Avaliación continua

Para superar a materia, será preciso superar as dúas partes (galego: exame 40% e prácticas 10%; e español: cartafol 50%). De suspender algunha das dúas metades, non se realizará media.

Deberase obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) no exame escrito para poder superar a materia e facer media.

A non realización de probas ou
exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá
a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta.

A data do último exame de
avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida
no calendario oficial da FFT.

 Avaliación única

 Para superar a materia, será preciso superar as
dúas partes (galego: exame 50% e español: cartafol
50%). De suspender algunha das dúas metades, non se realizará media.

Deberase obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) no exame escrito para poder superar a materia.

Segunda
edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación única
aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

O alumnado de avaliación continua
que non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda
edición das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa.

A copia ou o plaxio nas probas de
avaliación será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas.

En todo caso, recoméndase a
asistencia regular ás aulas e ás titorías e a consulta dos materiais e
informacións específicas na plataforma FAITIC, mesmo que non se siga o sistema
de avaliación continua.

Alumnado
semi-presencial

Ao alumnado semi-presencial
ofréceselle unha titoría semanal. Para quen teña a oportunidade, recoméndaselle
asistir regularmente a estas titorías.

En todo caso, o ensino
semi-presencial require dunha disciplina de traballo, seguindo as indicacións
do profesorado, así como do uso imprescindible da plataforma FAITIC dende o
primeiro día de clases.

A avaliación continua do alumnado
semi-presencial implica a realización dos exercicios indicados polo profesorado
a través da plataforma FAITIC, dentro dos prazos indicados. Quen non poida
realizar estes exercicios dentro dos prazos, terá que realizar as probas
previstas para a avaliación única (cf.
supra
).

Outros comentarios e avaliación de Xuño e Xullo

• Non se poderá obter a cualificación de aprobado sem ter aprobado tanto a parte de galego como a parte de español.

• A parte de español chamada Cartafol  consistirá en apresentar un portafolio final docente  que contenga

o a) biografía académica, 

o b) presentación oral na aula 

o c) unha selección de tres probas de entre os debates, exercicios e resolucion de problemas etc. 

o d) autoevaluación da aprendizaxe.

- As presentacións orais terán lugar última semana de marzo.

- As partes da avaliación definidas como "participación en debates", "exercicios, actividades e problemas" deberán entregarse na semana seguinte à que foran apresentados na aula. 
- As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, que non alcancen o aprobado en maio co sistema arriba exposto poderán presentarse a exame no mes de xuño. O día do exame deberán facer entrega do portafolio e realizar unha presentación oral. O alumnado que non alcance o aprobado en xuño poderá presentarse a exame en xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que rexen para o exame de xuño.
- Penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará.
-O alumnado que se atope no caso de ter aprobadas parte das probas poderá conservar as cualificacións desas partes, previo acordo coa profesora, nas oportunidades de xuño e xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000