Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Variación lingüística e ensinanza de linguas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nas primeiras sesións explicarase a metodoloxía e os procedementos para o desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral As profesoras exporán e explicarán os contidos da disciplina, nas súas dúas vertentes (variación e ensino de linguas) para o español e para o galego.
Eventos docentes e/ou divulgativos Poderán organizarse conferencias e seminarios sobre o obxecto de estudo, a cargo de especialistas do ámbito galego, español e europeo. O alumnado deberá realizar actividades relacionadas coas súas intervencións.
Estudo de casos/análises de situacións O alumnado deberá realizar exercicios prácticos de descrición, análise e reflexión sobre a variación. Tamén poderá elaborar propostas de actuación a partir das situacións de partida que se lle presenten.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000