Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Políticas lingüísticas e ensinanza de linguas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición dos principais contidos e conceptos da materia. Recomendación das principais lecturas obrigatorias e dos webs máis recomendables.

As persoas da modalidade semipresencial terán en Faitic os materiais de cada tema e subtema, esquemas, bibliografía e webs recomendadas.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución en común de dúbidas particulares que vaian xurdindo das sesións maxistrais, lecturas recomendadas, exercicios propostos na aula e traballos que vaian realizando fóra da aula.

As persoas da modalidade semipresencial terán en Faitic as prácticas de cada un dos temas que poderán ser explicadas polo profesor, ben por vía telemática, ben en titorías.
Traballos tutelados Realización fóra da aula de dous traballos prácticos, que serán corrixidos e avaliados polo profesor, un a metade e outro a final de curso. Os temas dos traballos poderaos escoller o alumnado, tanto da relación de posibilidades que lle ofreza o profesor como algún outro tema acordado entre prefesor e alumno/a.

Estes traballos son obrigatorios para todo o alumnado, presencial e semipresencial, e deberán remitirse por vía electrónica en formato pdf.
Foros de discusión Será un foro presencial en que se consultarán ou formularán dúbidas atinxentes a calquera contido da materia, á maneira dunha titoría grupal.

Co alumnado semipresencial o foro de discusión será telemático, aínda que tamén se podería concertar unha ou dúas sesións de foro de discusión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000