Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Introdución á ensinanza do español e do galego como L2/LE
   Competencias
Código Descrición
A1 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A2 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
B2 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B3 Capacidade do estudantado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos e literarios.
B4 Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas.
C14 Coñecemento teóricos e metodolóxicos para o ensino da lingua materna.
C15 Coñecemento das repercusións lingüísticas e interculturais do contacto de linguas.
C19 Capacidade para avaliar críticamente a bibliografía consultada e encadrala nunha perspectiva teórica.
D1 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
D2 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
D4 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
D5 Capacidade de xerar novas ideas.
D6 Capacidade de xestionar a información.
D7 Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
D8 Habilidade para traballar de forma autónoma.
D9 Capacidade crítica e de autocrítica.
D10 Capacidade de análise e síntese.
D11 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
D12 Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000