Guia docente 2016_17
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística aplicada á ensinanza de linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Búscase a colaboración activa do alumnado, moi especialmente nas clases prácticas e nos exercicios e tarefas que nestas se desenvolverán. 40 B3
B5
D1
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Sesión maxistral Valorarase una actitude activa en clases, a través das consultas de dúbidas. 10 A1
A2
A5
B2
B7
C8
C14
C15
Probas de resposta curta Haberá dúas probas escritas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia (incluidas as lecturas obrigatorias): a 1ª na semana 7 de clases, a 2ª na última semana de clases. 50 A2
B2
B7
C8
C14
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira edición de Actas (xaneiro).

a1) a avaliación continua realizarase consonte o detallado máis arriba. É obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. A nota final calcularase a partir das notas obtidas nas probas parciais, aplicando as porcentaxes especificadas, pero tendo en conta que en cada un dos ítems debe obterse una cualificación de aprobado. O primeiro exame parcial ha ter lugar na 7ª semana de clases, e o segundo exame parcial na última semana de clases (e con independencia da data oficial de exame fixada no calendario desta Facultade). O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira edición de Actas (xaneiro), será avaliado na segunda edición de Actas (xullo) mediante un exame baseado nos contidos suspensos da materia.

a2) Avaliación única (para aqueles alumnos que non poidan facer un seguemento regular da materia). As persoas que estean neste caso deberán comunicarllo ó profesor da materia ó comezo do cuadrimestre, durante as dúas primeiras semanas de clase. O exame de avaliación única terá lugar na data, hora e aula fixadas no calendario oficial aprobado na Xunta da Facultade de Filoloxía e Tradución. Neste exame entran os contidos (teóricos e prácticos) da materia, así coma as lecturas consideradas obrigatorias. A nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final.

Os alumnos que escollan unha modalidade semipresencial deberán presentarse ós dous exames parciais (nas datas e horas que se fixen). Os alumnos semipresenciais tamén deberán comunicarlle ó profesor a súa decisión ó longo das dúas primeiras semanas de clases.

Recoméndase encarecidamente a asistencia sistemática a clases, considerada moi importante para unha óptima comprensión dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Así mesmo, recoméndase unha participación activa no desenvolvemento das clases, cousa que se traduce tanto na consulta frecuente de dúbidas coma nunha actitude participativa durante as clases prácticas.

En calquera dos casos, é responsabilidade do alumno (en calquera das modalidades) manterse ó tanto do traballo na materia (datas de realización das probas; entrega de materiais de lectura e de prácticas para clase, na fotocopiadora e máis en Faitic, etc.).

Segunda edición de Actas (xullo).

O exame correspondente á segunda edición de Actas (xullo) terá lugar na data, hora e aula do calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade, e nel a avaliación levarase a cabo mediante un exame (teórico e práctico, incluidas as lecturas obrigatorias) sobre os contidos suspensos da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000