Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística aplicada á ensinanza de linguas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Aplicación dos contidos teóricos á resolución de prácticas, que deberán ser resoltas na casa polo alumno e posteriormente corrixidas en clase.
O alumnado semipresencial terá á súa disposición (en Faitic) as prácticas de cada un dos temas -que, vía electrónica e/ou en titorías, poderán ser comentadas co profesor.
Titoría en grupo Consulta de dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
Tamén o alumnado semipresencial poderá concertar co profesor titorías específicas (en grupo ou individuais, e tanto presenciais coma por vía electrónica), encamiñadas a resolver as dúbidas na preparación da materia (sobre contidos básicos, lecturas obrigatorias e clases prácticas).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización non superficial das lecturas indicadas coma obrigatorias e desenvolvemento da capacidade de reflexión sobre as mesmas.
Sesión maxistral Explicación dos contidos esenciais da materia (e distinción respecto daqueles accesorios). Clarificación do aparato conceptual e terminolóxico. Orientación sobre as lecturas obrigatorias.
O alumnado semipresencial terá á súa disposición (en Faitic) os materiais base de cada un dos temas, incluídas as indicacións sobre as lecturas obrigatorias (lecturas que son comúns a todo tipo de alumnado).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000