Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura hispanoamericana I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo estudiantado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen

-Actividades introductorias: Actividade encamiñada a tomar contacto e reunir información sobre o estudiantado, así como a presentar a materia, a través das ferramentas de teledocencia Campus Remoto e Moovi. Esta sesión impartida en modalidade síncrona na aula virtual poderá ser gravada para que o estudiantado con problemas de conectividad poida acceder a elas de forma asíncrona.
-Lección Maxistral: Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo no horario oficial establecido pola facultade, a través das ferramentas de teledocencia Campus Remoto e Moovi. As sesións impartidas en modalidade síncrona nas aulas virtuais poderán ser gravadas para que o estudiantado con problemas de conectividad poida acceder a elas de forma asíncrona.
-Resolución de problemas: O estudiantado realizará exercicios a través da modalidade asíncrona, baixo as directrices e supervisión da profesora. Para a realización destas actividades o estudiantado deberá ler as lecturas e demais materiais proporcionados na plataforma Moovi.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención personalizada realizarase no despacho virtual da profesora, en horario de titorías oficiais, baixo a modalidade de concertación previa e a través do correo electrónico.

* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Ningunha

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
As novas lecturas estarán dispoñibles para o estudiantado na plataforma Moovi.
* Outras modificacións
Ningunha

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

-Primeira edición das actas (xaneiro-maio):
O estudiantado que siga o sistema de avaliación continua realizará un exame ao final do cuadrimestre, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial de exames da FFT, no que a cualificación suporá o 60% da nota final. Esta proba, que se realizará en modalidade síncrona, consiste no desenvolvemento dunha pregunta sobre o temario. Escribirase a man e asinará para daquela ser subida a Moovi. Durante o tempo de realización da proba a profesora estará dispoñible en Moovi a través do chat para responder as dúbidas que poidan xurdir. Naqueles casos de sospeita de práctica irregular ou problemas de conexión do estudiantado está proba será substituída por un exame oral. Por correo comunicarase a cada estudante o día, hora e duración do exame oral coa suficiente antelación.
De forma paralela ao desenvolvemento dos temas, o alumnado realizará diversas probas previamente anunciadas como comentario de textos, recensións, control de lecturas que deberán ser subidas a MOOVI nas datas anunciadas. Estas probas conforman até o 40% da nota final.

O estudiantado que non siga o sistema de avaliación continua terá avaliación única mediante un exame obrigatorio na data oficial establecida no calendario de exames da FFT. Esta proba, que se realizará en modalidade síncrona, consiste na realización a través de FAITIC dun exame no que o estudiantado deberá contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. A parte teórica, que representará o 60% da nota, versará sobre contidos relacionados co temario. A parte práctica, que representará o 40% da nota, incluirá aspectos do programa traballados nas clases prácticas. Para poder superar o exercicio na avaliación única será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. O exame será subido a MOOVI o día e hora sinalados pola Facultade, realizado a man e asinado para ser subido á plataforma en formato pdf ou jpg ao final da hora sinalada pola Facultade para a realización da proba. Durante o tempo de realización do exame a profesora estará dispoñible en MOOVI a través do chat para responder as dúbidas que poidan xurdir. Naqueles casos de sospeita de práctica irregular ou problemas de conexión do estudiantado está proba será substituída por un exame oral comunicándolle por correo a cada estudante o día, hora e duración do exame oral coa suficiente antelación.

Na segunda edición de actas (xuño-xullo)

Na segunda edición o estudiantado deberá realizar un exame obrigatorio na data oficial establecida no calendario de exames da FFT. Esta proba, que se realizará en modalidade síncrona, consiste na realización a través de MOOVI dun dun exame no que o estudiantado deberá contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. A parte teórica, que representará o 60% da nota, versará sobre contidos relacionados co temario. A parte práctica, que representará o 40% da nota, incluirá aspectos do programa traballados nas clases prácticas. Para poder superar o exercicio na avaliación única será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. O exame será subido a MOOVI o día e hora sinalados pola Facultade, realizado a man e asinado para ser subido á plataforma en formato pdf ou jpg ao final da hora sinalada pola Facultade para a realización da proba. Durante o tempo de realización do cuestionario a profesora estará dispoñible en Moovi a través do chat para responder as dúbidas que poidan xurdir. Naqueles casos de sospeita de práctica irregular ou problemas de conexión do estudiantado está proba será substituída por un exame oral comunicándolle por correo a cada estudante o día, hora e duración do exame oral coa suficiente antelación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000