Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura española dos séculos XVIII-XIX
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Reflexión sobre as lecturas. Comentarios de texto. Controis de lectura. 30 A1
A2
A5
B1
B2
B5
B7
C3
C6
C9
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha ou varias preguntas teóricas ou a partir de textos que demostren a asimilación específica de contidos, a capacidade de síntese e a comprensión global dos movementos estéticos que se abordan na materia. 70 A1
A2
A5
B1
B2
B5
B7
C3
C6
C9
D2
D5
D8
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnado presencial:

  • Para optar á avaliación continuada será necesario asistir
    regularmente a clase. Quen falten catro ou máis días ás sesións
    presenciais deberán optar obrigatoriamente polo modo de avaliación
    única.
  • Levar a cabo todos os controis de lectura, os
    comentarios de texto e as reflexións sobre os títulos obrigatorios
    será requisito imprescindible para ter dereito á avaliación
    continuada. Quere isto dicir que o alumnado que non acuda a clase os
    días marcados para estas actividades presenciais deberá presentarse obrigatoriamente á avaliación única.
  • A nota resultante da avaliación continuada será a suma de ata un 30% do total polos comentarios, controis ou reflexións textuais realizados en clase e ata un 70% do total pola proba de resposta longa ou de desenvolvemento.
  • A avaliación única consiste nunha proba global sobre a totalidade da materia do programa, nas datas fixadas pola Facultade.
  • As datas para os controis de lectura facilitaranse ao alumnado ao comezo das clases.
  • A
    data do exame de maio (70% da cualificación para os que opten pola
    avaliación continuada e 100% para os que non) será a que fixe a
    Facultade.
  • A data do exame de xullo será a que fixe a Facultade.
  • En calquera
    caso, para superar a materia é imprescindible demostrar
    corrección lingüística e *ortográfica. Non aprobará quen escriba con faltas
    de ortografía e/ou acentuación. Tampouco aprobará quen incorra en plaxio..
     

 Alumnado semipresencial:

  • Para optar á avaliación continuada é obrigatorio asistir á presentación da materia, o primeiro día de clase, e ás dúas sesións de titoría, cuxa data se comunicará a través da plataforma FAITIC ao comezo do curso. Quere isto dicir que quen non asistan á sesión de presentación e ás titorías deberá optar pola avaliación única.
  • Levar a cabo todos os controis de lectura, os
    comentarios de texto e as reflexións sobre os títulos obrigatorios
    será requisito imprescindible para ter dereito á avaliación
    continuada. Quere isto dicir que o alumnado que non entregue, nos prazos que se estipulen, os traballos previamente acordados, deberá presentarse obrigatoriamente á avaliación única.
  • A
    nota resultante da avaliación continuada será a suma de ata un
    30% do total polos comentarios, controis ou reflexións textuais e ata un 70% do total pola proba de resposta
    longa ou de desenvolvemento.
  • A avaliación única consiste nunha
    proba global sobre a totalidade da materia do programa, nas
    datas fixadas pola Facultade.
  • A
    data do exame de maio (70% da cualificación para os que opten pola
    avaliación continuada e 100% para os que non) será a que fixe a
    Facultade. A asistencia a este exame é obrigatoria
  • A data do exame de xullo será a que fixe a Facultade. A asistencia a este exame será obrigatoria cando haxa lugar.
  • En calquera
    caso, para superar a materia é imprescindible demostrar
    corrección lingüística e ortográfica. Non aprobará quen escriba con faltas
    de ortografía e/ou acentuación. Tampouco aprobará quen incorra en plaxio..

Para o seguimento da materia é imprescindible que o alumnado acceda á plataforma FAITIC

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000