Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura española do século XVII
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de crise sanitaria, de acordo co establecido no Consello de Goberno da Universidade de Vigo do 12/06/2020 e na Instrución 3/2020 do Vicerreitorado de Ordenación Académica e Profesorado de data 17/06/2020, establecerase unha docencia alternativa de dous tipos: mixta e non presencial.

Na modalidade mixta, na que unha parte do estudiantado permanecerá presencialmente en clase e a outra a seguirá dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono, en función da ferramenta que mellor se adapte a cada unha delas (correo electrónico, MOOVI, Campus Remoto da Universidade de Vigo), as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, adaptando os grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria.

Na modalidade non presencial, as clases e tutorías realizaranse de maneira presencial en liña (a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo) e a entrega e avaliación das probas establecidas efectuarase a través das ferramentas proporcionadas pola propia universidade, singularmente MOOVI, correo electrónico e Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000