Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura española medieval
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nas primeiras horas de docencia presencial das dúas partes está prevista unha sesión informativa a todo o alumnado, anticipando e aclarando as cuestións relativas ao desenvolvemento do curso. Así mesmo, serán utilizadas estas horas para a explicación da metodoloxía que se seguirá nas clases prácticas, especialmente no relativo ás tarefas e traballos de aula. No caso de alumnado acollido a matricúlaa semipresencial a asistencia ás primeiras dúas horas de actividades introdutorias será de carácter obrigatorio.
Sesión maxistral Nas clases teóricas presentarei ao alumnado cada un dos temas de maneira organizada, proporcionándolle a bibliografía precisa. No caso do réxime semipresencial o alumnado disporá da información fornecida polo profesor a través das titorías, tanto presenciais como a través do correo electrónico, así como o material fornecido na plataforma FAITIC
Eventos docentes e/ou divulgativos Está prevista a visita dun/a especialista na materia que pronunciará unha conferencia, en horas presenciais, sobre un dos contidos do programa, e sobre o que o alumnado, tanto presencial como non presencial, terá que facer un traballo. Para ese efecto, o alumnado semipresencial tamén disporá dos materiais precisos para desenróloo desta actividade.
Traballos de aula Complemento das sesións maxistrais, nas horas prácticas serán expostos os conceptos teóricos a un grupo máis reducido do alumnado. O alumando semipresencial tamén disporá dos materiais precisos (sexa a través da plataforma de ensino virtual ou por correo electrónico) para avanzar en cada unidade temática.
Titoría en grupo Horas de asistencia obrigatoria para todo o alumnado, fixadas no horario oficial, nas que se aclararán cuestións e resolveranse dúbidas previas ao exame ou á resolución de traballos, especialmente os relativos á práctica do comentario literario de textos. O alumando de réxime semipresencial cumprirá coas esixencias deste tipo de matrícula en canto ao número de tutorías obrigatorias, dúas polo menos, ademais doutras que se acorde co profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000