Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Xénero e literatura: Galicia e os países lusófonos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase un traballo de proxecto escrito de aproximadamente 15 páxinas (con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas de estilo e de referenciación bibliográfica indicadas para o TFG), sobre un tema que se acordará co/a profesor/a. Un primeiro esbozo (como mínimo, a estrutura e a bibliografía) entregarase en formato Open Office ou Word ata o día 1 de decembro. A entrega da versión definitiva realizarase ata o día 17 de xaneiro. 40 A1
A2
A5
B1
B2
B5
B6
B7
C3
C6
C7
C10
C16
D2
D3
D6
D9
D10
D11
D12
Presentación Durante o período de aulas, cada estudante realizará unha exposición oral de aproximadamente 20 minutos sobre un tema que se acordará co/a profesor/a, acompañado de guión e bibliografía. 30 A1
A2
A5
B1
B2
B5
B6
B7
C3
C6
C7
C10
C16
D2
D3
D6
D9
D10
D11
D12
Aprendizaxe colaborativa Avaliación continua dos comentarios, lecturas, proxectos e outros traballos e contribucións realizados ao longo do cuadrimestre, sexa de forma individual ou en grupo. 30 A1
A2
A5
B1
B2
B5
B6
B7
C3
C6
C7
C10
C16
D2
D3
D6
D9
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas xerais

As/os estudantes deberán escoller, de
forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición
en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo
primeiro.

A copia ou o plaxio en calquera das probas das avaliacións
continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente
sancionador, nas dúas edicións das actas. Alegar descoñecemento do que supón plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese aspecto.

 Avaliación continua

Para superar a materia, será preciso entregar
coa regularidade requirida as prácticas de clase e obter unha nota mínima de cinco (sobre dez) enn todas as partes de
avaliación. De non acadar a
nota de cinco nalgunha destas formas de avaliación, non se realizará media.

A non realización de probas ou exercicios
parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a
descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero)
puntos nesta.

A data do exame de avaliación
continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no
calendario oficial da FFT.

 Avaliación única

Para superar a materia, será preciso
superar cunha nota mínima de cinco (sobre 10) as dúas probas seguintes:

-Traballo tutelado (50%), coas mesmas
características que o que se describiu máis arriba. Entregarase como moi tarde no día do exame oficial marcado do calendario da FFT.

-Exame oral (50%). Duración mínima de 30 minutos e máxima de 60, que versa sobre todos os contidos e textos de lectura obrigatoria da materia que se disponibilizarán no inicio do cuadrimestre. Realizarase no día do exame oficial marcado do calendario da FFT ou nun día alternativo acordado co/a profesor/a.

Deberase obter en ambos casos unha
cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) para poder efectuar media.

A data do exame de avaliación única será establecido pola FFT e publicado no
seu calendario oficial.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación
única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

O alumnado de avaliación continua que
non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición
das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa.

En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás
titorías e a consulta dos materiais e  informacións
específicas na plataforma FAITIC, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

Alumnado semi-presencial

Ao alumnado semi-presencial ofrécenselle
titorías concertadas. Para quen teña a oportunidade, recoméndase asistir
regularmente a estas titorías. Poderase ter tamén unha
atención personalizada a través do correo electrónico (consulta de
dúbidas, entrega e corrección-comentario das probas etc.).



En todo caso, o ensino semi-presencial
require dunha disciplina de traballo, seguindo as indicacións  do profesorado, así como do uso imprescindible
da plataforma FAITIC desde o primeiro día de clases.

A avaliación continua do alumnado semi-presencial
implica a visualización das grabacións das clases e a realización dos exercicios indicados polo profesorado a través da
plataforma MOOVI, dentro dos prazos indicados. Quen non poida realizar estes
exercicios dentro dos prazos, terá que realizar as probas previstas para a avaliación única.

   Esta avaliación do alumnado semi-presencial
implica a valoración de tres ítems:

  -Traballo tutelado (40%), acordado e supervisado pola docente, que
deberá entregarse na data establecida pola FFT para o exame final.

   -Exposición oral (30%), na data establecida pola FFT.  

   -Presentación dos traballos de aula, nos prazos establecidos (30%).

Será indispensable obter unha cualificación de cinco (sobre 10) nos tres ítems para poder efectuar media e superar a materia.

A avaliación única do alumnado semi-presencial
segue as pautas establecidas para o alumnado presencial (cf. supra).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000