Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Xénero e literatura: Galicia e os países lusófonos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Prácticas de aula: comentarios, lecturas, comparacións, debates realizados ao longo do curso (Observación sistemática). 25 A1
A2
A5
B1
B2
B5
B6
B7
C3
C6
C7
C10
D2
D3
D9
D10
D12
Traballo tutelado Redacción dun traballo sobre un tema ou aspecto inclluído nos contidos da materia. 40 A5
B2
B5
B6
B7
C3
C6
C7
C10
C16
D2
D3
D6
D9
D10
D11
D12
Presentacións/exposicións Exposición oral dun tema relacionado cos contidos da materia, previamente acordado coa docente (15 minutos). 10 A5
B5
B6
C3
C6
C7
D2
D3
D6
D9
D10
D11
D12
Estudo de casos/análisis de situacións Disertación final a partir dun(s) texto(s) proposto(s) para o comentario na última sesión de clase. 25 A1
A2
A5
B1
B2
B5
B6
B7
C3
C6
C7
C10
C16
D2
D6
D9
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas xerais

As/os estudantes deberán escoller, de
forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición
en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo
primeiro.

A copia ou o plaxio nas probas das avaliacións
continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente
sancionador, nas dúas edicións das actas.

 Avaliación continua

Para superar a materia, será preciso entregar
coa regularidade requirida as prácticas de clase e obter unha nota mínima de cinco (sobre dez) nas outras tres partes de
avaliación (traballo tutelado, exposición, comentario final). De non acadar a
nota de cinco nalgunha destas formas de avaliación, non se realizará media.

A non realización de probas ou exercicios
parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a
descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero)
puntos nesta.

A data do exame de avaliación
continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no
calendario oficial da FFT.

 Avaliación única

Para superar a materia, será preciso
superar cunha nota mínima de cinco (sobre 10) as dúas probas seguintes:

-Traballo tutelado (40%), coas mesmas
características que o que se describiu máis arriba (12-15 páxinas).

-Exame escrito (60%).

Deberase obter en ambos casos unha
cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) para poder efectuar media.

A data do exame de avaliación única será establecido pola FFT e publicado no
seu calendario oficial.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación
única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

O alumnado de avaliación continua que
non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición
das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa.

En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás
titorías e a consulta dos materiais e  informacións
específicas na plataforma FAITIC, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

Alumnado semi-presencial

Ao alumnado semi-presencial ofrécenselle
titorías concertadas. Para quen teña a oportunidade, recoméndase asistir
regularmente a estas titorías (despacho A37). Poderase ter tamén unha
atención personalizada a través do correo electrónico (consulta de
dúbidas, entrega e corrección-comentario das probas etc.).



En todo caso, o ensino semi-presencial
require dunha disciplina de traballo, seguindo as indicacións  do profesorado, así como do uso imprescindible
da plataforma FAITIC desde o primeiro día de clases.

A avaliación continua do alumnado semi-presencial
implica a realización dos exercicios indicados polo profesorado a través da
plataforma FAITIC, dentro dos prazos indicados. Quen non poida realizar estes
exercicios dentro dos prazos, terá que realizar as probas previstas para a avaliación única.

   Esta avaliación do alumnado semi-presencial
implica a valoración de tres ítems:

  -Traballo tutelado (40%), acordado e supervisado pola docente, que
deberá entregarse na data establecida pola FFT para o exame final.

   -Exame escrito (35%), na data establecida pola FFT.  

   -Presentación dos traballos de aula, nos prazos establecidos (25%).

Será indispensable obter unha cualificación de cinco (sobre 10) nos tres ítems para poder efectuar media e superar a materia.

A avaliación única do alumnado semi-presencial
implica a valoración de dous ítems:
   -Traballo tutelado (40%), acordado e supervisado pola docente, que deberá entregarse na data establecida pola FFT para o exame final.
   -Exame escrito (60%), na data establecida pola FFT.
Será indispensable obter unha cualificación de cinco (sobre 10) nas dúas partes para poder efectuar media e superar a materia.

Outros comentarios

- As prácticas de clase e traballos
de aula (estudos de caso etc.) deberán entregarse na semana seguinte á que foron
propostas na aula. 



- Penalizaranse os erros de
expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do
léxico etc.).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000