Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Xénero e literatura: Galicia e os países lusófonos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Organización e explicación da materia: calendario, probas, obras de lectura, bibliografía complementaria, ferramentas de traballo.
Lección maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos.
Estudo de casos Actividades prácticas orientadas na aula pola docente: comentarios de texto, análises, comparacións entre textos e poéticas dos ámbitos literarios en lingua galega e en lingua portuguesa, nos sistemas luso, brasileiro e dos estados africanos.
Estes actividades desenvolveranse coa participación directa do alumnado e a orientación da docente.
Traballo tutelado O alumnado presentará individualmente un traballo sobre un tema ou unha obra literaria en galego ou en portugués, que forme parte do corpus tratado nesta disciplina (no marco das épocas e autoras estudadas). O tema do traballo será acordado co profesorado e supervisado por el. Avaliaranse os resultados e a expresión escrita.
Presentación Cada alumna/o prepara e realiza unha exposición oral sobre unha cuestión ou tema (obra, autora) previamente acordado co profesorado.
Aprendizaxe colaborativa Avaliación continua dos comentarios, lecturas, proxectos e outros traballos e contribucións realizados ao longo do cuadrimestre, sexa de forma individual ou en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000