Lección maxistral |
Os alumnos disporán de atención personalizada a través de titorías no despacho do profesor e de atención telemática por medio do correo electrónico e da plataforma faitic ou outras. O método docente, ademais, será o do diálogo e o alumnado poderá formular cantas dúbidas lle suxira o discurso da materia. |
Traballos de aula |
O alumnado realizará unha serie de intervencións na aula relativas ao desenvolvemento do programa, quer exposicións de lecturas, quer comentarios de textos particulares. Os textos obxecto destas intervencións serán indicados na aula en función dos intereses do grupo e da propia dinámina da docencia.
|
Eventos docentes y/o divulgativos |
Eventualmente, o alumnado será convidado a participar en sesións de conferencias, debates, proxeccións, congresos, xornadas de estudos, que serán avaliados polo profesor en función do seu interese e relación cos contidos da materia. |