Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A2 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios. |
B2 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B5 |
Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título. |
B7 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias. |
C3 |
Coñecemento da literatura galega, española e portuguesa. |
C6 |
Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria. |
C7 |
Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da teoría e crítica literaria. |
C10 |
Coñecemento dos conceptos e métodos da literatura comparada. |
C16 |
Coñecemento da historia dos países da Península Ibérica. |
D2 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna. |
D3 |
Coñecementos xerais sobre a área de estudo (lingüística, linguas galega, española, portuguesa, latina, literaturas, tecnoloxías, estudios culturais) |
D6 |
Capacidade de xestionar a información. |
D8 |
Habilidade para traballar de forma autónoma. |
D9 |
Capacidade crítica e de autocrítica. |
D10 |
Capacidade de análise e síntese. |
D11 |
Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente. |
D12 |
Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual. |