Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura medieval galego-portuguesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudos/actividades previas Valolarase a lectura da bibliografía previa á exposición teórico-práctica dos temas. 15 B1
B2
B9
C3
C6
C7
D3
D6
D8
D9
D10
D11
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a participación dos alumnos na resolución de exercicios e no comentario dos casos propostos na aula. Valolarase a elaboración de pequenos ensaios a partir de lecturas breves, etc. 20 A1
B1
B2
B7
C3
C6
C7
C9
C10
D2
D3
D6
D8
D10
D11
D12
Traballo tutelado Realización dun traballo escrito (8 folios) sobre un aspecto do temario. 25 A1
A2
B1
B2
B7
C6
C9
C10
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dun exame teórico-práctico. 40 A2
C3
C6
C7
C9
C10
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Primeira edición das actas.

Dúas modalidades de avaliación:

a. A avaliación continua (a descrita máis arriba) que inclúe un exame teórico-práctico que se realizará na data oficial establecida pola FFT (40% da nota).

b. Á parte da avaliación continua, o alumnado ten a posibilidade de optar polo sistema de avaliación única, consistente na realización dun único exame teórico e práctico (70% da nota) sobre todos os contidos da materia, que se realizará na data oficial establecida pola FFT, e na elaboración dun traballo tutelado (30% da nota) que se entregará o mesmo día do exame oficial .

Ao alumnado que opte polo sistema de avaliación continua recoméndaselle a asistencia regular ás aulas.

2. Segunda edición das actas (xullo):

O alumnado terá só opción á avaliación única, consistente na entrega do traballo tutelado (30% da nota) e na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia (70% da nota).

Importante: Sexa cal for a modalidade de avaliación e a convocatoria, é preciso participar en todas as probas propostas en cada caso.

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación única, en calquera das dúas edicións das actas, deberá acordar o tema do seu traballo co profesor con antelación  suficiente (mínimo dous meses antes da data de entrega). É responsabilidade do alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo.

Modalidade semipresencial.

O alumnado en réxime de semipresencialidade poderá consultar os materiais e as prácticas a través da plataforma FAITIC, onde se irán colocando paulatinamente.

Haberá sesións quincenais de titoría, ás que é conveniente que asistan para un mellor seguimento do curso.

A avaliación do alumnado semipresencial, que tamén poderá optar entre avaliación única ou continua, será a mesma que para o alumnado presencial.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000