Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Gramática do español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Presentación de exercicios breves ao longo do curso. 30
Traballo tutelado Presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 30
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre temas do programa. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame: exercicios, actividades e problemas. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua

Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de avaliación continua. Recoméndase, con todo, a todo o alumnado, que asista as clases na medida das suas posibilidades. É responsabilidade do alumnado, tanto presencial como semipresencial, asista ou non ás clases, manterse ao tanto da materia (e das novidades ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto coa docente e da plataforma MOOVI.


A avaliación estrutúrase en tres partes:
1. Presentación de exercicios breves (30%)
2. Traballo escrito (30%)
3. Exame (40%).
Neste exame, que terá lugar na data previstano calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación definidas como "exame: preguntas abertas" e "exame: exercicios,actividades e problemas".

A información sobre as datas de entrega dos traballos e apresentación oral, así como as instrucións para abordalos, estará dispoñible en MOOVI.

Avaliación única

O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as tres partes da avaliación (exercicios breves, traballo escrito e exame) na data oficial de exame sinalada pola Facultade. O alumnado que opte por este sistema deberá comunicalo por escrito (correo electrónico) á docente antes do 1 de outubro. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación continua.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente. Nesta ocasión a avaliación consistirá nun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.

IMPORTANTE

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación de polo menos 4 puntos no exame. De non cumprirse este requisito, aínda que a suma das partes alcance ou supere o 5 (sobre 10), a alumna ou alumno non superará a materia. Nas probas de avaliación non só se terá en conta a adecuación e calidade dos contidos, senón tamén a corrección lingüística e o rigor académico. No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta scualificarse cun cero.

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá terpresente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000