Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Pragmática e discurso
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Nas sesións de prácticas formularanse exercicios que serán resoltos e avaliados na aula. 30 A1
A2
B1
B7
B10
C1
C2
C5
C8
C9
D1
D3
D6
D8
D10
D12
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. O debate gardará relación cunha lectura escollida pola docente sobre a que o alumnado realizará un resumo e un comentario crítico. Cada persoa proporá cinco cuestións para debater a partir da lectura. 30 A1
A2
B8
C8
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado terá que superar unha proba na que ha desenvolver de forma ampla o contido do temario. 40 A1
A2
A5
B1
B2
C1
C2
C5
C9
D2
D3
D6
D8
D10
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª EDICIÓN DE ACTAS (DECEMBRO 2023-XANEIRO 2024)

Avaliación continua
É obrigatorio realizar e entregar no prazo establecido as probas marcadas na avaliación. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán. A data de celebración do exame coincidirá co día fixado no Calendario de exames establecido pola facultade e publicado na web da FFT. A cualificación na primeira edición de actas dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso (resolución de problemas na aula e debates). Para superar a materia será necesario obter como mínimo un 4,75 (sobre 10) en total.

Avaliación única

Neste caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación final.
Este exame terá lugar ao final do cuadrimestre, na data fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade e publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá na primeira edición das actas coa data na que se realizará o exame para os discentes que opten pola avaliación continua.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito á asistencia. Recoméndase ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi e que acorde titorías regulares coa docente.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024)

Na segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas das probas de avaliación continua.

Para o alumnado de avaliación continua, no caso de que tras a avaliación conxunta sexan necesarios ata 0,25 puntos para superar a materia, terase en conta a asistencia e participación regular e activa na clase.


O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto no exame coma no traballo escrito e no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc.

Alumnado semipresencial

O alumando semipresencial pode optar pola avaliación continua ou pola avaliación única e en ambos casos será realizada de igual modo que para o alumnado presencial. O alumnado semipresencial debe asistir ás titorías obrigatorias e acordar titorías adicionais coa docente a través do correo electrónico. Tamén debe seguir os contidos e prácticas da materia a través de Moovi.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000