A materia aborda o estudo da linguaxe en acción, das prácticas lingüísticas contextualizadas, tanto no que se refire ao acto de enunciación, as condicións materiais de produción como á súa interpretación. Analízanse os procesos de lexitimación discursiva das ideoloxías dominantes. Ofrécese ademais un percorrido polas principais achegas da pragmática e profúndase na perspectiva crítica da análise do discurso.