Guia docente 2016_17
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Fonética e fonoloxía da lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma. 15 A5
B3
D8
Sesión maxistral Avaliaráse mediante a asistencia, a participación activa nas clases e a preparación das lecturas previas. 10 C5
D5
D10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 50 A1
B2
B7
C2
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10 C5
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 15 B7
C18
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. De optaren pola avaliación única, terán ata aterceira semana do curso para comunicar esta decisión ás profesoras por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. Por outra banda, o dereito á avaliación continua perderase se non se asiste a un mínimo do 80% das clases, é dicir, só se avaliará con este sistema aos alumnos e as alumnas que asistiran a 38 horas ou máis de clase. O dereito a avaliación continua tamén se perderá se non se entregan as prácticas obrigatorias fixadas polas profesoras. Pola súa parte, a avaliación única consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade. 

- Na 2ª edición das actas, igual que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade.     

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000