Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Historia e historiografía da lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral O docente atenderá na aula ou nas titorías os problemas que o estudante teña en relación cos problemas que se presenten nas explicacións maxistrais, na resolución de problemas, exercicios propostos, presentacións, exposicións e prácticas autónomas.. Por este motivo recoméndase a consulta individual ou en grupos nas titorías. Recoméndase ao alumnado en réxime semipresencial que asista polo menos a tres titorías ao longo do curso. Ademais, o profesor atenderá telemáticamente (correo electrónico, teléfono) ao alumnado, principalmente ao semipresencial. 10 A5
B1
C2
C8
C11
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecidos/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 10 A5
B7
C11
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20 A1
B5
C11
D8
D10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40 A1
A5
B1
B7
C11
D8
Traballos e proxectos O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
20 A5
B1
C8
C11
D8
D10
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. De optar pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión á profesora por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. Doutra banda, o dereito á avaliación continua perderase se non se agarraches a un mínimo do 80% das clases, é dicir, só se avaliará con este sistema aos alumnos e as alumnas que asistisen a 38 horas ou máis de clase. Tamén se perderá o dereito á avaliación continua se non se realizan a resolución de exercicios, traballos e proxectos fixados pola profesora. O alumnado que se acolla ao réxime de semipresencialidade (ofrécense 10 prazas) terá que cumprir os seguintes requisitos:
1. Asistir ás sesións de presentación da materia.
2. Asistir a un mínimo de dous titorías presenciais co profesorado.
3. Realizar todas as tarefas que sexan avaliables, segundo o indicado na guía docente.
4. Realizar un mínimo de 1 e un máximo de 2 probas presenciais no cuadrimestre.
O alumnado que non cumpra con estes requisitos perderá os seus dereitos de avaliación continua e, do mesmo xeito que o alumnado presencial, terá que acollerse ao réxime de avaliación única (exame final). O profesorado que impartirá docencia neste título atenderá ao alumnado por medio de titorías no despacho, telefonicamente e a través de correo electrónico.
Pola súa banda, a avaliación única consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade.  Na 2ª edición das actas, do mesmo xeito que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade.
A resolución de problemas e exercicios realizaranse a medida que as clases maxistrais vaian avanzando.
Faranse probas tipo test: a primeira realizarase cando se expliquen aproximadamente o oito primeiros temas e a segunda os temas restantes. Estas probas serán presenciais e as súas datas fixaranse co profesor.
A proba de resposta longa basearase na explicación de todo o temario e coincidirá coa data oficial establecida pola Facultade de Filoloxía e Tradución.
Entre os traballos e proxectos que se mencionan arriba, farase un individual no que se profundará nalgún aspecto do temario presentado. Este entregarase no período da semana de exames.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000