Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Variación e historia externa da lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias O primeiro día de aulas realizarase un percorrido explicativo polos eixes sobre os que pivotará o curso. Entregarase un cronograma da materia.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL tamén pode asistir a esta sesión. En todo caso o docente faralles chegar o cronograma da materia.

O ALUMNADO NON PRESENCIAL poderá seguir as aulas por vídeos e titorías a través dos medios telemáticos dispostos pola UVigo.
Traballo tutelado Cada discente elaborará individualmente dous traballos escritos, seguindo as indicacións do profesor, sobre os puntos 3. e 5. do temario.

Todo o alumnado entregará unha copia en papel e subirá a versión definitiva dos traballos á plataforma Faitic.

Dedicaranse aulas presenciais a explicar a metodoloxía destes traballos. Ó longo do curso farase, tamén na aula, un seguimento deles.

É moi recomendable para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL asistir a algunha destas sesións de aula -fixaranse ó longo do curso-
(se alguén non puider ir a ningunha, deberá acordar unha titoría co docente).

O ALUMNADO NON PRESENCIAL recibirá tirorías e sesións virtuais seguindo as canles establecidas pola UVigo.
Resolución de problemas Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL E NON PRESENCIAL disporá na plataforma Faitic das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas.
Lección maxistral Nestas sesións, o docente exporá os contidos da materia, bases teóricas e lecturas relacionadas con elas, directrices ou explicacións a partir dos exercicios prácticos. Aconséllase levar os contidos da materia ó día.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL E NON PRESENCIAL disporá na plataforma Faitic dos materiais necesarios para preparar todos os contidos que se desenvolvan. Empregaranse, para iso, ficheiros en formato pdf (por veces o profesor tamén os poderá enviar por correo electrónico).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000