Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Historia interna da lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Ó longo do cuadrimestre o docente especificará as actividades prácticas e de resolución de problemas que serán avaliables (tamén algunha presentación). É preciso que se respecten os prazos de entrega.

Para o ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL esta epígrafe alcanza un 25% da cualificación final, por iso deberá levar a cabo algunha práctica avaliable a maiores ou realizar máis exhaustivamente algunha das que se propoñan (sempre seguindo as indicacións do docente).
20 A1
A2
A5
B1
B7
C2
C5
C12
D1
D2
D3
D6
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudantado de avaliación continua (tanto presencial coma SEMIPRESENCIAL) realizará cando menos dúas probas escritas sobre fonética/fonoloxía -sempre presenciais na FFT- segundo se vaian desenvolvendo ó longo do curso os contidos teórico-prácticos. 40 A1
A2
A5
B1
B2
B7
B9
C2
C5
C12
D1
D2
D3
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento O estudantado de avaliación continua (tanto presencial coma SEMIPRESENCIAL) realizará un exame escrito -sempre presencial- na data oficial proposta no calendario da FFT (para calquera das dúas edicións das actas) sobre os contidos teórico-prácticos da materia non avaliados ó longo do cuadrimestre na(s) proba(s) de resolución de problemas e exercicios (na mesma data para todo o estudantado de avaliación continua). Se a marcha do curso o aconsellase, poderíase adiantar durante o cuadrimestre algún(s) exame(s) parcia(l/is). 35 A1
A2
A5
B1
B2
B7
B9
C2
C5
C12
D1
D2
D3
D6
D8
Observación sistemática Valorarase a asistencia regular cunha participación activa nas prácticas e mais nas aulas maxistrais.

Para o ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL este 5% da nota sumarase na metodoloxía "Resolución de problemas".
5 B1
C2
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Por defecto, enténdese que o estudantado opta por un sistema de avaliación continua; se así non for, deberá comunicar nas dúas primeiras semanas do curso a súa intención de se presentar á avaliación única permitida pola Universidade de Vigo.

-Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor -(a) e (b) para o estudantado presencial e só (b) para o SEMIPRESENCIAL-): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar as dúas grandes probas escritas (exame(s) e resolución de problemas/exercicios) e prácticas (ou resolución de problemas, presentacións) avaliables. Todas as prácticas, actividades e presentacións solicitados polo docente teñen que se entregar/realizar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Aquelas probas que non se superen na primeira edición das actas (xaneiro) deberanse recuperar na segunda edición das actas (xuño/xullo), co límite de entrega situado na data fixada pola FFT para o exame. Se por causa xustificada algún/ha estudante non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, para poder aplicar un tratamento similar ó da semipresencialidade.

-Avaliación única (admitida pola Universidade de Vigo): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (xaneiro e xuño/xullo), a través de dúas probas finais escritas de todos os contidos teóricos e prácticos da materia [40%+35%] (que se realizarán nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial) e mais dun traballo (seguindo as indicacións do docente) [25%]. Cómpre superar tanto as dúas probas coma o traballo (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba (práctica ou exame) en que se detecte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas e exames.

Todas as consultas realizadas por correo electrónico serán atendidas no horario de titorías.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000