Resolución de problemas |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral. Nalgunha ocasión pódense entregar anticipadamente para que os/as estudantes os poidan preparar con certo adianto e, mesmo, para que poidan realizar unha pequena exposición na aula.
O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Moovi das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas. |