Resolución de problemas |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral. Nalgunha ocasión pódense entregar anticipadamente para que o alumnado os poida preparar con certo adianto.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas. |
Traballo tutelado |
Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito seguindo as indicacións que o profesor dará no inicio do curso.
Todo o alumnado (presencial e SEMIPRESENCIAL) entregará unha copia en papel e subirá a versión
definitiva do traballo á plataforma Faitic.
O segundo día de aulas explicarase a metodoloxía deste traballo. Recoméndaselle ó ALUMNADO SEMIPRESENCIAL que asista a esta sesión, mais quen non puider asistir deberá poñerse en contacto o máis axiña posible co docente para fixar unha titoría.
Ó longo do curso as dúbidas ou consultas que haxa resolveranse sobre todo nas horas de titoría. |