Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Cada estudante elaborará individualmente un traballo sobre sintaxe oracional, seguindo as indicacións do profesor (ARG).

Todo o estudantado (presencial e SEMIPRESENCIAL) entregará unha copia en papel e subirá a versión definitiva do traballo á plataforma Moovi (incluiranse todos os ficheiros empregados na elaboración, tamén BD, corpus e diapositivas da presentación se as houber).

Dedicaranse aulas presenciais a explicar a metodoloxía do traballo e ó longo do curso farase un seguimento a través das titorías. É moi recomendable para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL asistir a algunha destas sesións de aula (se alguén non puidese ir a ningunha, deberá fixar unha titoría co docente -ARG-).
Resolución de problemas Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral.

O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Moovi das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, en función da natureza do exercicio, devolveranse corrixidas, fornecerase un solucionario de autocomprobación ou fixarase unha titoría para explicalas.
Lección maxistral Nela exporanse os contidos da materia, bases teóricas e lecturas relacionadas con elas, directrices ou explicacións a partir dos exercicios prácticos. Aconséllase levar os contidos da materia ó día.

O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Moovi dos materiais necesarios para preparar todos os contidos que se desenvolvan. Empregaranse, preferentemente, ficheiros en formato pdf.
Actividades introdutorias Desenvólvense o primeiro día de aulas e, nelas, realízase un percorrido explicativo polos eixes sobre os que pivotará o curso.

O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL tamén pode asistir a esta sesión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000