Resolución de problemas |
Durante o curso, o docente especificará que actividades
prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a análise sintáctica de 4 textos propostos polo profesorado, o resumo crítico de 3 artigos da "Bibliografía", antes do exame escrito, e a redacción de 3 textos de diferente tipo. Tamén se valorará a participación activa na resolución e comentario das outras actividades. Estas actividades tamén son obrigadas para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL. |
35 |
CB1 CB2 CB5
|
CG7 CG8
|
CE1 CE2 CE5 CE8
|
CT1 CT2 CT5 CT8 CT10 CT12
|
Lección maxistral |
Valorarase a asistencia ás clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas así como a participación nelas. Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL esta puntuación súmase á parte "Resolución de problemas ou exercicios". |
5 |
CB2
|
CG1 CG7 CG8
|
|
CT1 CT10 CT11
|
Existen dous sistemas de avaliación da materia: a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. É obrigatoria a entrega dos 3 resumos críticos das lecturas de 3 artigos da bibliografía asi como de 3 redaccións de textos de diferente tipo. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de decembro/xaneiro, o/ alumno/a polo menos deberá ter aprobado o apartado "Exame de preguntas de desenvolvemento" que se celebrará a última semana de clase. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL tamén se examinará ese día co resto do alumnado. De non superar esas probas escritas, o alumnado deberá examinarse dun exame escrito na convocatoria oficial de xullo, nas datas oficiais que dispoña o calendario oficial da Facultade. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases e a entrega en tempo das tarefas, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema de "Avaliación única". b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de decembro/xaneiro deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito que se realizará na data oficial que dispoña o calendario oficial de exames da convocatoria de decembro/xaneiro da Facultade. En caso de non superar ese exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito na convocatoria de xuño/xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren. |