Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega I
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas O docente terá titorías individualizadas ou en pequeno grupo cando así o requira o alumnado en canto ás directrices que debe seguir nos traballos de redacción, no resumo de lecturas, ou nos comentarios dos erros cometidos nas análises sintácticas que se manden entregar como parte da avaliación. Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizaranse sesións presenciais, tipo SEMINARIO, a través do Campus remoto, distribuídas ó longo do cuadrimestre (a convir entre profesor e alumno), co fin de que o alumnado poida solucionar dúbidas e solicitar explicacións sobre puntos concretos do temario. Así mesmo será atendido en horas de titoría vía e-mail ou a través do uso do despacho virtual na maior rapidez posible.
Lección maxistral Existe a posibilidade para o alumnado SEMIPRESENCIAL da gravación en vídeo das clases maxistrais a través do Campus remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000