Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega I
   Contidos
Tema Subtema
1. A sintaxe: definición e relación con outras
disciplinas gramaticais.
A análise sintáctica. Unidades e relacións sintácticas. Funcións sintácticas, semánticas e informativas. Bibliografía de sintaxe do galego. Breve historia da gramática galega.
2. A cláusula: caracterización e clasificación. O verbo como núcleo-PREDICADO da cláusula. Niveis de complementación: argumentos, adxuntos e elementos periféricos. Estrutura funcional da cláusula: particularidades nas funcións sintácticas (SUX prepositivos?, o redobro de clíticos, tipos de CIND, tipos de complementos prepositivos, tipos de atributos...) Clasificación das cláusulas.
3. A frase: caracterización e clasificación. A frase nominal: estrutura e funcións. Determinantes, núcleo e modificadores. Tipos de modificadores: argumentais / adxuntos; especificativos / explicativos; relacionais / cualificativos; a aposición.
Estrutura e funcións básicas dos outros tipos de frase (adxectiva, adverbial e prepositiva).
4. A corrección sintáctica en galego. Aspectos de sintaxe diferencial do galego: os pronomes persoais átonos (colocación e funcións), uso do infinitivo conxugado, uso do futuro de subxuntivo, nexos comparativos, os relativos, usos errados de perifrases verbais, os determinantes e as contraccións...
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000