Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Morfoloxía da lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Ó longo do cuadrimestre especificaranse as actividades prácticas que serán avaliables. É preciso que se vaian entregando dentro dos límites que se poñan.

Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL esta epígrafe alcanza un 15% da cualificación final, por iso deberá levar a cabo algunha práctica avaliable a maiores ou realizar máis exhaustivamente algunha das que se propoñan (sempre seguindo as indicacións do docente).
10 CG1
CG7
CE2
CE5
CT1
CT5
CT10
Traballo tutelado O traballo, individual, é obrigatorio tanto para o alumnado presencial coma para o SEMIPRESENCIAL. A data límite de entrega coincidirá coa data do exame (en cada unha das dúas edicións das actas).

30 CB5
CE2
CE5
CE8
CT1
CT5
CT8
CT10
CT11
Exame de preguntas de desenvolvemento Na data fixada pola Facultade, todo o alumnado, presencial e semipresencial, deberá presentarse a un exame sobre os contidos teórico-prácticos da materia. 50 CB1
CG7
CE2
CE5
CE8
CT1
CT10
Observación sistemática Avaliarase a asistencia ás aulas e a participación activa do alumnado PRESENCIAL. 5 CE2
CE8
CT1
Presentación Todo o alumnado (presencial e SEMIPRESENCIAL) deberá expoñer oralmente na aula o seu traballo (suporá un 5% do valor deste punto). A exposición durará, aproximadamente, dez minutos e nela non se poderá ler. Poderase empregar un pequeno guión ou acompañar a exposición de axudas audiovisuais, mais a presentación oral non pode constituír a simple lectura deste material. 5 CE1
CT2
CT10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

   Todo o alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación única.

-Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor -(a) e (b) para o alumnado presencial e só (b) para o SEMIPRESENCIAL-): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar traballo, exame escrito e prácticas avaliables. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados polo docente teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Os discentes que non perdan o dereito á avaliación continua poderán recuperar na segunda edición das actas (xullo), na data fixada pola FFT, aquelas probas que non superasen na primeira edición das actas (maio). Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, que poderá propoñer outras actividades compensatorias.

-Avaliación única (para o alumnado que opte por ela ou para quen non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, ou renuncie a ela): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (maio e xullo), a través dun exame final escrito de todos os contidos teórico-prácticos da materia [65%] (que se realizará nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial) e mais dun traballo (seguindo as indicacións do docente) [35%]. Cómpre superar tanto o exame coma o traballo (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba (traballo, práctica ou exame) en que se detecte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Todas as consultas realizadas por correo electrónico serán atendidas no horario de titorías.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000