Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Morfoloxía da lingua galega
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Desenvólvense o primeiro día de aulas e, nelas, realízase un percorrido explicativo polos eixes principais sobre os que pivotará o curso.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL debe asistir a esta sesión.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral. Nalgunha ocasión pódense entregar anticipadamente para que o alumnado as poida preparar con certo adianto.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas ou fornecerá un solucionario de autocomprobación.
Sesión maxistral Nela o docente exporá os contidos da materia, bases teóricas e lecturas relacionadas con elas,
directrices ou explicacións a partir dos exercicios prácticos. Aconséllase levar os contidos da materia ó día.

O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic dos materiais necesarios para preparar todos os contidos que se desenvolvan. Empregaranse, para iso, ficheiros en formato pdf (por veces o profesor tamén os poderá enviar por correo electrónico).
Traballos tutelados Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito sobre un aspecto do temario seguindo as indicacións do profesor.

Todo o alumnado (presencial e SEMIPRESENCIAL) entregará unha copia en papel e subirá a versión definitiva do traballo á plataforma Faitic.
Presentacións/exposicións Os principais resultados do traballo individual haberaos que expoñer oralmente na aula.

Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL tamén é obrigatoria a exposición na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000