Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura en lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Avaliación da capacidade analítica, crítica e argumentativa a través de debates e comentario de textos 15 A1
A2
B1
B2
B5
D10
Probas de resposta curta Resolución de preguntas breves sobre diferentes aspectos dos contidos da materia 20 A1
A2
B1
B2
B5
C6
C9
D8
D10
D11
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame. Proba escrita sobre algún aspecto das obras de lectura obligatoria, así como tamén comentarios dalgún fragmento das mesmas 65 A1
A2
B1
B2
B5
C3
C6
C9
D2
D5
D8
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Avaliación continua (asistencia ás clases, 80%)

-A nota da primeira convocatoria resultará da suma das cualificación dos traballos de aula, as probas de resposta curta e un exame que constará de probas de resposta longa así como tamén dalgún comentario sobre un fragmento sacado dunha das obras de lectura obrigatoria. 

Será requisito para aprobar cada unha destas actividades a correcta expresión oral e escrita, é dicir: uso pertinente dos signos de puntuación, corrección ortográfica, orde e claridade na exposición e limpeza dos exercicios.

A data do exame será a mesma que a da avaliación única, fixada oficialmente pola Facultade. 

2.  Avaliación única

As alumnas e alumnos que non poidan asistir ás clases terán que realizar, ademais do exame (na data fixada pola Facultade), un traballo sobre algún aspecto relativo ós contidos da materia. Por esta razón, é importante que se pongan en contacto coa profesora ao comezo do cuadrimestre.

Neste caso, o valor do traballo será do 30% e o do exame do 70%, sendo preciso aprobar o exame para sumar a nota do traballo. 

Proceden, igualmente, para aprobar, os requisitos indicados a propósito da avaliación continua.


3. Semipresencialidade:

O alumnado que opte pola semipresencialidade deberá responder a probas de resposta curta e de resposta larga (ben en forma de ensaio ou de análise de textos); as primeiras desenvolveranse a través da plataforma virtual e as segundas nunha data de exame (coincidente coa da avaliación continua e a avaliación única). Deberá facer tamén un pequeno traballo (sobre algún tema ou aspecto relativo aos contidos da materia) no que por de manifesto a súa capacidade crítica e analítica.

En todos os casos, a segunda convocatoria, en xullo, terá lugar na data oficial fixada pola Facultade. Nesta convocatoria, a avaliación realizarase a través de probas de resposta curta e de probas de desenvolvemento.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000