Sesión maxistral |
O profesor explicará os contidos da materia. A continuación, o alumnado deberá expor preguntas, obxeccións, críticas, valoracións. Penalizarase a pasividade en clase, ou a ausencia de intervencións. O alumnado debe facer preguntas ao profesor constantemente sobre os contidos da materia. O alumnado semipresencial poderá seguir as sesións maxistrais a través de internet, correo electrónico e as gravacións das sesións que o profesor fará públicas. O profesor informará o alumnado das ligazóns de internet onde poderá acceder ás sesións maxistrais gravadas. |
Traballos de aula |
Traballos de análise literaria dos textos presentados polo profesor nas clases. O alumnado semipresencial poderá expor este tipo de traballos cando desexe asistir a clase. |
Prácticas en aulas de informática |
Proporcionarase ao alumnado materiais de traballo, que requirirán o uso de equipos informáticos, ou dunha aula informática: documentación, información, exercicios, materiais docentes e recursos audiovisuais (vídeos docentes, dispoñibles en UVIGO TV). Será necesario o uso de correo electrónico para recibir a información que enviará semanalmente o profesor. O alumnado semipresencial debe prestar máxima atención a este tipo de traballos, que constitúe a súa principal fonte de formación. Todo tipo de alumnado, presencial e semipresencial, disporá en todo momento de atención personalizada a través de internet e correo electrónico, dentro do horario laboral e calendario laboral do profesor. |